Xanceda (Divino Salvador)

A súa superficie é de 16,33 km2 e as súas aldeas son: Arosa, O Beledo, Os Camiños, O Campo das Mentiras, O Campo, A Casagrande, A Casanova, O Castro, Os Corrillos, O Couto, A Fonte, A Fraga, A Igrexa, Mata, As Pereiras, Pereiruga, Reboredo e Xancedavella.

Arquitectura relixiosa

Igrexa parroquial que data do séc. XVIII, con planta en cruz latina. Destaca a súa sinxeleza en canto á ornamentación. No interior sepárase o presbiterio do resto da construción por un arco de triunfo. A súa fachada deixa á vista a pedra con que foi construída. Os únicos ornamentos que mostra son os pináculos da espadana.

Arquitectura civil

En Xanceda atopamos unha das denominadas Casas Grandes, que era unha casa señorial na que se dedicaban á explotación agrícola. Construída no séc. XVIII, xa nada queda dun torreón e máis dunha pequena capela, que desapareceron debido á ampliación de estancias que se fixeron na casa, pois o labor da explotación foi pasando de xeración en xeración. Esta casa pertenceu ao Marquesado de San Martiño de Ombreiro. Tamén cumpriu as funcións de concello ata fai uns cincuenta anos. A súa planta é de forma de “L” e conserva unha pequena torre de planta cadrada. A falta de ornamento exterior, deriva nunha boa rehabilitación do interior.

Santuarios e festividades

As Misas o día 6 de agosto San Bartolomé os días 24 e 25 de agosto Na honra ao Divino Salvador os días 25 e 26 de decembro

 

Xanceda 1
Xanceda 2
Xanceda 3
Xanceda 4
Xanceda 5
Xanceda 6
Xanceda 7
Xanceda 8
Xanceda 9
Xanceda 10
Xanceda 11
Xanceda 12
Xanceda
Xanceda 14
Xanceda 15
Xanceda 16
Xanceda 17
Xanceda 18
Xanceda 19
Xanceda 20
Xanceda 21
Xanceda 22