Antonio Bieito Fandiño Martínez

Categoría: xornalista e escritor Data e lugar de nacemento: 1779 en Santa Mariña de Albixoi Data e lugar de falecemento: 1831 no Canal de Castilla

Naceu en Santiago cara ao 1770 segundo Moreno Astray e Pérez Cosanti. Murguía e Martínez Salazar, pola súa parte, considérano natural de Santa Mariña de Albixoi sendo 1779 o ano de nacemento.

Despois de cursar parte dos estudos de Teoloxía comezou como escritor político en folletos e follas soltas transmitindo as súas ideas liberais.

Casou en 1802 e tivo un fillo.

En 1809 foille encomendado o cargo de regresor do bandoleirismo e o descontento das autoridades pola súa actividade levouno ao cárcere ao ano seguinte. Comezaba así unha serie de encarceramentos que durarían toda a súa vida.

Nos períodos de liberdade colaboraba nos xornais de ideoloxía liberal, en moitas ocasións con ataques contra os xuíces, os representantes da igrexa e o poder en xeral.

En 1820 publica "Heráclito Español y Demcrático Gallego", publicación pola que foi denunciado en varias ocasións e que o levou ao cárcere no 1823. Condenárono aos presidios de África no 1831.

A última noticia que se ten de Antonio Bieito Fandiño é no ano 1832 cando fai testamento no cárcere da Coruña.

OBRAS

En 1812, compuxo a Casamenteira, obra que forma parte da nosa literatura por ser a primeira peza dramática do século XIX que se conserva.

O resto da súa produción en galego é un conxunto de tres composicións incluídas en Villancico que en la Nochebuena de 1812 cantaron los preseos de la cárcel pública de Santiago e a carta Respuesta a T.C.M.B. articulista en el "Observador Constitucional" de esta ciudad del viernes 26 de corriente, escrita en xullo de 1820.