Ano e lugar de nacemento: 1900 no Pino - A Coruña Ano e lugar de falecemento: 1979 en Mesía - A Coruña
Antonio Gómez Carneiro naceu en Lardeiros, Concello do Pino, provincia da Coruña no seo dunha familia modesta.
De mozo emigrou a Arxentina onde casou con Encarnación Gómez Gómez, natural de Mesía. Non tendo sorte no estranxeiro, o matrimonio regresou a Galicia e instalouse no lugar de Mesía denominado A Berxa. Alí comezaron a traballar cun muíño de maquía.
Durante a República, Antonio Gómez foi nomeado alcalde de Mesía e traballou forte para solucionar todos os problemas que se presentaban no concello. No ano 1936 foi perseguido polo bando nacional e tivo que abandonar todo: concello, muíño e familia.
Permaneceu durante seis anos refuxiado nun zulo soterrado baixo unha casa na parroquia de Gonzar do Concello do Pino. Non saía de alí agás nalgunha ocasión na que se disfrazaba para que non o recoñeceran. A dona da casa dáballe de comer, corendo o risco de que o descubriran.
Mentres el permanecía escondido, a súa muller tiña que presentarse todos os xoves do ano no cuartel da Garda Civil de Curtis onde a retiñan horas e horas para que dixera onde estaba o seu home, deixando os seus fillos ao coidado dos veciños.
Un día Antonio Gómez entregouse ás autoridades dicindo " Ni maté, ni mandé matar a nadie, ni robé, por lo que no considero tener delito alguno más que un idealismo, como muchos otros españoles de esta época: ser republicano".
Preso no cárcere da Coruña durante anos regresou á Berxa xunto á súa muller e aos seus nove fillos.
Nesa zona vivía a cuadrilla de Foucellas e A Berxa convertiuse no lugar de escondite do popular bandoleiro. Antonio Gómez é detido novamente por ser encubridor desta cuadrilla e levárono ao cárcere da Coruña e logo á de Santander.
Nunha nota manuscrita do seu puño e letra do 23 de abril de 1947 relataba como lle arrincaran as unllas dos pés, lle romperan varias costelas e o tiveran días e días sen comer.
Sete anos pasou nos centros penitenciarios e volveu á Berxa no ano 1953.
Arroupado pola súa familia seguiu traballando co muíño, foi tratante de madeira e foi impulsor da concentración parcelaria en Mesía. Loitou tamén por conseguir unha turbina para dar luz a varios lugares da zona.
Morreu en 1979 no medio dunha grande manisfestación de dor.