Benigno Andrade foi un dos guerrilleiros máis coñecidos, senón o que máis, da loita antifranquista en Galicia.
Dotado de grande astucia e un especial olfato para percatarse da presenza da Garda Civil, tamén pasaba por ter un carácter extrovertido, o que axudou a engrandecer o seu mito.
Benigno Andrade tiña o alcume de Foucellas, por ser o nome da súa aldea natal, sita na parroquia de Cabrui, concello de Mesía.
No 1936 traballou como peón nunha leitería e estaba afiliado á Sociedade Republicana e á célula comunista de Curtis.
Formou parte dunha columna que saíu cara a Coruña en apoio á República na sublevación militar de 1936, pero que se disolveu antes de chegar á meta.
De volta en Curtis, temeroso de represalias, botouse ó monte e estivo case 16 anos escapado.
Ó comezo da Guerra Civil andaba só, aínda que se unía ocasionalmente con outros escapados para cometer atracos de subsistencia, e creou bases de apoio en casas libres de sospeita.
A Garda Civil non tivo noticias das súas actuacións ata 1941.
Dous anos despois, coa reorganización guerrilleira impulsada por PCE e a Xunta Suprema de Unión Nacional, Foucellas únese ó grupo do tenente Freijó que operaba pola zona de Curtis co que protagonizou sabotaxes, atracos, axustizamentos, ameazas e un intento decidido de colapsar o funcionamento do sistema franquista.
A caída masiva de guerrilleiros, especialmente a de Ponte, Seoane e Gayoso, fixo que as actividades de Foucellas aminoraran.
Trasladouse á zona de Betanzos ata que o 9 de marzo de 1952 a Garda Civil rodeouno na cova onde se agachaba en Oza dos Ríos.
Foucellas saía a afeitarse ao río e atopouse cos gardas. Intentou escapar pero unha bala atravesoulle unha perna e foi capturado vivo.

Foi executado o 7 de agosto de 1952.