Aberto o prazo para anotarse nas actividades anuais municipais, ata o 26 de setembro do 2018.
INSCRICIÓNS: Para poder asistir ás actividades hai que cubrir a folla de inscrición que se achega. Non se realizarán inscricións nin reserva de praza por teléfono.
É obrigatorio entregar cuberta a ficha de inscrición nun dos seguintes sitios: a Casa da Cultura, no Concello ou ben enviala por correo electrónico (casadacultura@concellodemesia.gal).
O impreso da ficha está dispoñible na Casa da Cultura, na última folla deste boletín de actividades e tamén se pode baixar da páxina web do concello (preguntar antes de cubrila polos descontos no 981 687 241).
As persoas con algunha doenza que inflúa na actividade física que se vaia realizar deberán presentar un informe médico para poder deseñar os exercicios necesarios para cada persoa e así previr molestias ou lesións.
PAGOS: Non facer pagos ata que estea confirmado o grupo. So se devolverán os cartos cando o Concello cancele a actividade e coa entrega previa do recibo de cobro.
Nota: é importante que aquelas persoas que deixen de asistir a algunha actividade cubran o impreso de baixa. Debedes solicitarllo ao/a monitor/a da actividade.
O concello resérvase o dereito de suprimir as actividades que non alcancen o número mínimo esixido ou modificar os horarios, así coma facer máis grupos de cada actividade se o número de participantes así o require.
As clases comezarán na semana do 1 de outubro, segundo o día que lles corresponda, sempre que haxa un n.º mínimo de participantes en cada actividade, senón retrasaríase o seu comezo. Só se avisará por teléfono nas actividades que se retrasen ou se cancelen.

Máis info sobre as actividades clicando aquí.