RUTA II DE SENDEIRISMO: SAN PEDRO DE MEZONZO

Mér, 12/04/2023
RUTA SAN PEDRO DE MEZONZO A LAXE

O domingo 16 faremos a seguda saída de sendeirismo do ano. Serán uns 7 kms polo entorno do Río Cabalar polo Camiño Espiritual de San Pedro de Mezonzo (Vilasantar - Sobrado).
A saída será as 10:15h da Praza do concello en Xanceda. Visitaremos as 10:30 h o antigo Priorato Mosteiro de Santa Mª de Mezonzo, ruta de 7 kms e chegada con visita ao Santuario da Nosa Señora da Laxe.

Recollense inscricións ata o 11 de abril na Casa da cultura.

Coste 5€ ao subir ao bus.

Recomendamos roupa e calzados adecuados a andaina, asi coma as condicións meteorolóxicas do día.