O venres 1 de xuño tivo lugar a Festa de clausura das escolas municipais deportivas e culturais, e actividades físicas e culturais de adultos e maiores 2017/18.
Reuníronse máis de 200 persoas no Pavillón do CPI Xanceda para ver as exhibicións das actividades, así coma a entrega de Diplomas, agasallo da Camiseta e Merenda. 100 nen@s e xuventude participaron nas Escolas deportivas e culturais deste ano. Chegando case a duplicarse a participación no caso das actividades dos maiores e adultos.