O concello de Mesia participou no evento "Primavera no Camino Inglés" celebrado o día 5 de maio, na plaza do Concello de Betanzos . Este evento foi organizado pola Deputación da Coruña coa colaboración dos 18 concellos polos que pasa o Camino Inglés.
Actividades
|
Mér, 09/05/2018 |
|
Máis de vinte participantes na Saída realizada o 14 de abril a Lalín por un grupo do Concello de Mesía dentro do "Programa Deporte é saúde 2018". Fixemos a ruta PRG - 210 CASTRO DE DOADE de 15 quilómetros. Despois da comida no restaurante, visitamos o complexo do Museo da Casa do Patrón. Poden ver o Álbum de fotos na paxina Facebook DEPORTE CONCELLO DE MESÍA Ata a próxima! |
|
|
|
Mér, 02/05/2018 |
|
35 patinadorxs da escola municipal do Concello de Mesía participaron na Gala de patín das Escolas deportivas municipais de varios concellos da controna. Celebrouse o 14 de abril en Toques cun total de 200 patinadorxs e 9 concellos participantes. O Concello de Mesía participou con catro bailes de tres grupos que ten.
|
|
|
|
Mér, 28/03/2018 |
|
O 27 de marzo fixemos una saída cos-coas rapaces-zas do Concello de Mesía. Elexiron entre xogar na bolera ou ir a piscina pola mañan e, pola tarde para todos, houbo sesión de cine. Un total de 85 persoas que desfrutaron dun día divertido e diferente en A Coruña |
|
|
|
Ven, 23/03/2018 |
|
O Concello de Mesía realizou ao longo do mes de marzo unha serie de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller. O Acto do 8 de marzo, o monólogo de Nabiza Girl, a presentación do libro Luns de Eli Ríos, foron algunas das actividades nas que participaron preto de dous centenares de homes e mulleres. Deixamos imaxes dos eventos. |
|
|
|
Lun, 19/03/2018 |
|
O sábado 17 de Marzo 100 veciños-as foron de excursión a Ponferrada e ó Bierzo. En Ponferrada visitamos a zona vella e o castillo dos templarios. Logo da parada para comer, diriximonos o Pazo do Canedo, onde coñecemos de primeira man como se elaboran os productos de Prada aTope . A pesar das predicións metereolóxicas acompañounos o bo tempo. |
|
|
|
Mar, 27/02/2018 |
|
O Concello de Mesía desenvolveu, durante o primeiro trimestre do ano, unha nova edición do Programa Ecobaúl cun obradoiro de "Elaboración de licores" e máis outro de "Fabricación de xabóns transparentes e traslúcidos". |
|
|
|
Lun, 18/09/2017 |
|
Resumo das actividades deportivas e físicas por horarios e idades. Pódese facer seguemento de actividades puntuais e imaxes e vídeos do deporte municipal no FACEBOOK DEPORTE CONCELLO MESÍA. A móverse! Máis información no boletín de actividades. |
|
|
|
Mér, 05/04/2017 |
|
A noite do venres pasado desfrutamos dunha gran velada con moi boa compañía e co espectáculo Lavandeiras de Daboapipa. |
|
|
|
Mér, 22/03/2017 |
|
Este fin de semana máis de cincuenta persoas participaron en actividades de formación no Concello de Mesía. Os cursos foron de Poda e enxertos, Cestería viva e de Manupulador de alimentos. |
|
|







