O sábado 4 de abril do actual, no Boletín Oficial do Estado publícase o modelo de solicitude que os/as traballadores/as autónomos/as deberán utilizar para poder acollerse ao bono social e á correspondente redución do prezo da electricidade, regulado no artigo 28 do Real Decreto Lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias para facer frente ao COVID-19 aprobado polo Consello de Ministros.
Na solicitude, ademáis dos seus datos persoais e familiares, o/a demandante deberá acreditar que "ten dereito á prestación por cese total da actividade profesional ou porque a súa facturación, no mes anterior ao que solicita, se reduciu, polo menos, nun 75% en relación co promedio de facturación do semestre anterior".
No caso particular de que o/a traballador/a autónomo/a tivera que cesar a súa actividade, debe aportar para acreditalo un certificado expedido pola Axencia Tributaria ou do correspondente órgano competente da súa comunidade, sobre a base de declaración de cese de actividade declarada polo interesado.
Así, os/as beneficiarios/as do bono social eléctrico terán dereito a un desconto de forma directa dun 25% no recibo da luz mentres non reanuden a súa actividade laboral e por un período máximo de 6 meses.
Por outro lado, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico tamén aprobou que os/as autónomos/as e empresas poidan suspender temporalmente os seus contratos de subministro ou moidificar as súas modalidades de contratos sin penalizacións.
Máis información sobre esta Orde do Ministerio pulsando no neste enlace "ORDE DO MINISTERIO."

Maís información pulsando sobre este enlace "PRESTACIÓNS EXTRAORDINARIAS PARA AUTÓNOMOS AFECTADOS POLO COVID-19"