Continuidade no reparto de Mascarillas-Covid 19

Concello de Mesía
Mar, 14/04/2020

INFORMACIÓN DE INTERESE LOITA CORONAVIRUS

Continuidade coa entrega de mascarillas cirúrxicas por parte do concello nos establecimentos de uso público.

Son 200 mascarillas de tea que foron doadas pola Mancomunidade de Ordes.

As mascarillas que se porán á disposición foron feitas polas persoas do téxtil e outras colaboradoras que traballaron como voluntarias en coordinación coa Mancomunidade de Ordes.

Este cubre-bocas non é un Equipo de Protección Individual ( EPI´s) nin tampouco un Produto Sanitario (PS), e non está deseñado para substituír a estes. O propósito deste produto é meramente hixiénico

Recordar que o uso da mascarilla non é garantía máxima para poder saír á rúa, pero si unha excelente medida de prevención que axuda a salvar vidas.

Hai que facer un uso responsable da mesma; e recoméndase que se marquen para que sexan sempre empregadas pola mesma persoa en cada domicilio. 

Grazas a todas!!!

Video de agradecento

#mascarillassolidarias #xuntaspodemos #todosairáben #quedanacasa #mancomunidadeordes

Web: concellodemesia.gal

Facebook: Concello de Mesia

#EsteVirusLoParamosUnidos

Concello de Mesía: 981 687001, Servizos Sociais: 981 687238

Teléfono Social de Emerxencia: 699 453 750

Horario de atención á veciñanza: 09 a 14 horas