A Deputación apraza o cobro do imposto de vehículos ata maio

Concello de Mesía
Lun, 30/03/2020

iA primeira campaña de recadación de 2020, que comezaba este mes e que inclúe o imposto de vehículos (IVTM) e outras taxas, aprázase ata despois do 30 abril.

En aplicación do real decreto polo que se declara o estado de alarma, a Deputación deixou en suspenso os prazos para a tramitación de todos os procedementos tributarios que xestiona. O Goberno provincial informou onte nun comunicado de que os prazos para o pago de todas as taxas e impostos pendentes quedan suspendidos e serán ampliados, "polo que a cidadanía non debe preocuparse sen ter un trámite pendente cos servizos de xestión e recadación tributaria".

Desde a Deputación coruñesa detallan que a primeira campaña de recadación voluntaria deste ano, na que se cobran o imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) e outras taxas, queda aprazada ata novo aviso.