Información actualizada casos Covid 19

Concello de Mesía
Ven, 24/04/2020

Segundo os datos oficiais difundidos e contrastados polas autoridades sanitarias, infórmase da recuperación das dúas persoas afectadas polo Covid 19.

Unha delas de volta no seu domicilio e a outra con vixiancia hospitaria por patoloxías crónicas asociadas.

Dende o concello de Mesía celebramos a boa evolución da persoa que recibiu a alta hospitalaria e desexamolle unha pronta e total recuperación a persoa hospitalizada.

Unhas boas novas que fan que insistamos na necesidade de non baixar a garda en ningún momento: #quedanacasa, sigue as recomendacións das autoridades sanitarias e coida de ti e dos teus.

E moito ánimo, que xa nos queda menos para saír desta tod@s xunt@s‼️

Continuamos a traballar dende a máxima coordinación entre administracións, actualizando todas as medidas e recomendacións, en vixiancia permanente.

Si os veciños sodes coñecedores de algunha persoa que polos condicionantes añadidos precisa algún tipo de axuda para adquirir produtos de primeira necesidade, mediciñas ou cita médica, prégase se poñan en contacto nos telefónos 981687001 ou cos Servizos Sociais no 981687238

Web: concellodemesia.gal

Facebook: Concello de Mesia

Concello de Mesía: 981 687001, Servizos Sociais: 981 687238

Teléfono Social de Emerxencia: 699 453 750

Horario de atención á veciñanza: 09 a 14 horas