Medidas preventivas adoptadas polo concello para evitar contaxios polo CORONAVIRUS

Concello de Mesía
Ven, 13/03/2020

Mariano Iglesias Castro, Alcalde do Concello de Mesía

FAGO SABER

Que o Concello de Mesía adopta unha serie de medidas e recomendacións para evitar posibles contaxios polo coronavirus por un período inicial dende o día 13 ata que se emita un novo aviso:

- Suspensión de todas as actividades e eventos culturais e deportivos organizados polo concello.

- Peche dos edificios e instalacións municipais: Casa da Cultura, pavillóns polideportivos municipais, locais sociais das parroquias.

- Recomendación ás asociacións e entidades do municipio que suspendan os seus actos públicos e sociais durante o dito período.

- O Concello permanecerá aberto pero restrinxiranse a atención presencial a todos os servizos agás: Rexistro Xeral e Padrón de Habitantes de 09.00 a 14.00 horas. As consultas e demais servizos deberán realizarse por vía telefónica ao 981687001 ou telemáticamente a través da sede electrónica https://sede.concellodemesia.gal/ ou do email: correo@concellodemesia.gal/

- O Rexistro Civil tramitará unicamente servizos urxentes como son licenzas de enterramento, inscricións principais e fes de vida. A solicitude deberá facerse por vía telefónica.

As ditas medidas iranse adaptando á situación epidemiolóxica de cada momento e informase de cada variación que se poida producir con respecto a elas.

Este concello envía unha mensaxe tranquilizadora á veciñanza e insiste en que sigan as instrucións das autoridades sanitarias. Así mesmo, recoméndase consultar fontes oficiais para informarse, como á páxina do Ministerio de Sanidade (www.mscbs.gob.es) ou o teléfono de información para a ciudadanía 900 400 116.

Pregamos á veciñanza a máxima colaboración. Deter o virus é cousa de todos/as.

 

Arquivos: