O Concello está realizando labores de desinfección nos espazos públicos do municipio

Concello de Mesía
Mar, 31/03/2020

Informámolos/as de que, como parte do protocolo para frear a expansión do coronavirus, o Concello de Mesía está realizando a desinfección dos espazos públicos más concorridos do termo municipal. Os operarios recorren algúns dos lugares e puntos máis frecuentados do concello  para executar as labores de desinfección conforme ás recomendacións do Ministerio de Sanidade.

Estes traballos están realizándose nas cercanías da Casa Consistorial, dos centros médicos de Visantoña e Xanceda, nos supermercados, nas farmacias, nos bancos, nos estancos e, en xeral, nos establecementos que seguen abriendo as súas portas.