Real Decreto Lei 10/2020 de Medidas Extraordinarias Covid-19 no eido laboral

Concello de Mesía
Lun, 30/03/2020

O Consello de Ministros extraordinario aprobou o Real Decreto Lei 10/2020 polo que se regula un permiso retribuído recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais co fin de reducir a mobilidade da poboación na loita contra o  COVID-19, que non terán que acudir ao seu posto de traballo entre os días 30 de marzo ao 9 de abril.

Este decreto fixa as actividades esenciais e especificas na súa disposición adicional primeira na que se da un día (este luns 30 de marzo) ás  empresas para poder organizarse.

As persoas traballadoras de servizos non esenciais tamén deberán permanecer na casa co obxectivo de minimizar o risco de contaxio do #COVID19.