AXUDAS PARA ACTIVIDADES NO SECTOR AGROPECUARIO, FORESTAL E DA CAZA

Lun, 03/05/2021


O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña publicou, hoxe 03.05.2021, no Boletín Oficial da Provincia núm. 81, a apertura do prazo de solicitude de subvencións para a realización de actividades durante o ano 2021 dirixido a entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores da provincia de A Coruña.



Subvencionaranse proxectos destinados á recuperación e valoración dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola, gandeiro e forestal, que teñan como obxecto:
– A valorización e comercialización das producións agrarias, gandeiras e forestais.
– Os proxectos relacionados coa multifuncionalidade do monte enfocados á prevención dos incendios.
– Os desbroces, sementeiras vexetais, seguros e garderia do TECOR.
– O asesoramento e formación técnica para a investigación, mellora e innovación tecnolóxica.
– O fomento do uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e do aforro enerxético.
– Accións tendentes á mellora da calidade xenética.

Máis concretamente, as axudas poderanse referir, entre outras, ás seguintes materias: contratación de persoal técnico ou comercial, labores de implantación e acondicionamento de cultivos, desbroces, sementeiras, rozas mecánicas, podas, alternativas enerxéticas, tratamentos silvícolas para prevención de incendios, asesoramento técnico para a supervisión do proxecto, formación técnica co fin de conseguir o fomento das medidas obxecto de axuda nesta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá, día 04.05.2021, e remata ás 14.00 horas do día 31.05.2021.

Máis información chamando ao concello ao 981687001 ou na propia convocatoria accedendo aos seguintes enlaces:
- Convocatoria.
- Extracto da convocatoria.