AXUDAS PARA INVESTIMENTOS NO SECTOR AGROPECUARIO E FORESTAL

Mar, 23/03/2021


O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña publicou, hoxe 23.03.2021, no Boletín Oficial da Provincia núm. 54 a apertura do prazo de solicitude de subvencións para a realización de investimentos durante o ano 2021 dirixido a entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores daa provincia de A Coruña.

Subvencionaranse proxectos, que sexan investimento, destinados á recuperación e valoración dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola, gandeiro e forestal que teñan como obxecto:


- A valorización e comercialización das producións agrarias, gandeiras e forestais.
- Os proxectos relacionados coa multifuncionalidade do monte enfocados á prevención dos incendios.
- Sinalización TECOR SOCIETARIO.
- O fomento do uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e do aforro enerxético.
- Accións tendentes á mellora da calidade xenética.

Máis concretamente, as axudas poderanse referir, entre outras, ás seguintes materias: Infraestruturas materiais e equipamentos técnicos (peches, acondicionamento de locais, repoboación forestal,sinalización TECOR, entutorados, adquisición ou adecuación técnica de maquinaria, isotermas, etc.), axudas a investimentos (construcións, instalacións, novas tecnoloxías e enerxías renovables), adquisición de equipos informáticos, investimentos que supoñan aforro enerxético.

O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá, día 24.03.2021, e remata ás 14.00 horas do día 26.04.2021.

Máis información chamando ao concello ao 981687001 ou na propia convocatoria accedendo aos seguintes enlaces:
- Convocatoria
- Extracto da convocatoria.