AXUDAS PROGRAMA CHEQUE AUTÓNOMOS SEGUIMOS ADIANTE

Lun, 06/07/2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 133, do 06.07.2020, as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas para as persoas traballadoras autónomas de Galicia do programa Cheque autónomo seguimos adiante.

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traba­lladoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados na actual situación económica motivada pola pandemia do COVID-19.

Orde de convocatoria:
ORDE do 26 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Cheque autónomo seguimos adiante, financiado con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR342B).

Obxecto:
1. Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa Cheque autónomo seguimos adiante, no ámbito da Comunidade Au­tónoma de Galicia.
2. A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traba­lladoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados na actual situación económica motivada pola pandemia do COVID-19.

Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:
1. As persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de mutualidade do colexio profe­sional con domicilio fiscal en Galicia que estean en activo e cumpran os seguintes requisitos:
a) Que non percibisen prestación extraordinaria por cesamento temporal de actividade motivada pola pandemia do COVID-19, o que demostrará cunha declaración responsable.
b) Que teñan unha diminución na facturación superior ao 50 % comparando a factura­ción do segundo trimestre de 2020 coa do primeiro trimestre de 2020, o que demostrarán cunha declaración responsable.
c) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económi­cas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2019 (ou do último ano que a presentara), que demostrará cunha declaración responsable.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Ga­licia que estean en activo e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que as persoas traballadoras autónomas societarias non percibisen prestación ex­traordinaria por cesamento temporal de actividade motivada pola pandemia do COVID-19, o que demostrará cunha declaración responsable.
b) Que teñan unha diminución na facturación superior ao 50 % na facturación, compa­rando a facturacións do segundo trimestre de 2020 coa do primeiro trimestre de 2020, o que demostrará cunha declaración responsable.
c) A empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración refe­rida ao ano 2019 (ou á última declaración presentada) inferior a 30.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades), que demostrará cunha declaración responsable. No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas este importe de 30.000 euros refirirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades eco­nómicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens, que demostrará cunha declaración responsable. Que a sociedade teña unha fac­turación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2019 (ou do último ano que a presentase), que demostrará cunha declaración responsable.

3. Quedan excluídos desta orde os familiares que, de maneira habitual, realizan tra­ballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

4. Tanto as persoas traballadoras autónomas como as mutualistas e as sociedades de­ben ter un período mínimo de actividade de 12 meses inmediatamente anteriores á decla­ración do Estado de alarma (Real decreto 463/2020, do 14 de marzo BOE núm. 67, do 14 de marzo), segundo a comprobación de vida laboral para a persoa traballadora autónoma ou alta no IAE para as sociedades.

Axudas:
1. Axuda a gastos loxísticos e de transporte de envíos da empresa comercializadora de produtos finais ao domicilio das persoas consumidoras finais. A axuda será de de 3 € por envío contratado con empresas loxísticas externas.
Subvencionarase un máximo de 100 envíos para a persoa autónoma individual. Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea, o máximo serán de 150 en­víos. Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea, os envíos máximos serán 200.

2. Axuda do 100 % dos seguintes gastos da actividade da empresa establecidos con­sonte o artigo 4.3 da Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020:
- O pagamento por estar nalgunha plataforma de e-commerce local.
- O pagamento por licenza de uso de software de venta en liña.
- Gastos de publicidade en redes sociais.
- Gastos correntes de seguridade motivadas polo COVID-19 entre os que están, entre outros, os gastos en máscaras, luvas, desinfectante, limpeza, anteparos, asesoramento en prevención de riscos laborais.
- Gastos de subministracións e de telecomunicacións.

En todo caso, só serán subvencionables os gastos nos recursos, aplicacións e equipa­mentos que non teñan a consideración de investimento nos termos sinalados no artigo 4.3 da referida Orde ESS/1924/2016.

3. Axudas máximas:
A axuda máxima para o punto un será:
– Para a persoa autónoma individual 300 €.
– Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea 450 €.
– Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea 600 €.

A axuda máxima para o punto dous será:
– Para a persoa autónoma individual 600 €.
– Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea 900 €.
– Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea 1.200 €.

Ambas as axudas son compatibles polo que as axudas máximas do punto un máis do dous serán:
– Para a persoa autónoma individual, 900 €.
– Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea, 1.350 €.
– Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea, 1.800 €.
A axuda máxima será de 1.800 €.

4. Na solicitude haberá de presentar un proxecto en forma de orzamento feito pola per­soa solicitante cos conceptos polos que solicita a axuda, tanto das axudas previstas nos punto un como as do punto dous, e a cantidade que solicita para cada concepto deles.

5. Deberase facer unha declaración responsable co número de persoas traballadoras por conta allea contratados pola empresa.

6. Serán subvencionables os envíos e gastos realizados desde o inicio do estado de alarma o 15 de marzo de 2020 (Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, BOE núm. 67, do 14 de marzo) ata o 20 de decembro de 2020.

7. Para a xustificación dos importes das axudas previstas neste artigo, establécese un método de custos simplificados consistente nun baremo estándar de custo unitario, conforme o disposto nos artigos 67.1.b) e 67.5.a) do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xullo de 2018.

Solicitudes:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https:// sede.xunta.gal.

O prazo para a presentación das solicitudes rematará 06.08.2020.

Información:

Máis información no concello chamando ao  981687001 ou premendo neste “Enlace”.