AXUDAS PROGRAMA “GALICIA EMPREGA”

Lun, 13/01/2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 3, do 07.01.2020, axudas destinadas ás empresas ao abeiro do programa 'Galicia Emprega', que ten como obxectivo impulsar a formación e contratación de mozos/as, persoas con discapacidade, mulleres e parados/as de longa duración.
 

“Galicia Emprega” abrangue catro LIÑAS:

- “Emprega Xuventude” (acceso á convocatoria)
- “Emprega discapacidade e exclusión” (acceso á convocatoria)
- “Emprega Muller” (acceso á convocatoria)
- “Emprega parados de longa duración” (acceso á convocatoria).

 

ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
1. O prazo xeral para a presentación de solicitude das axudas establecidas comezaron ao día seguinte da súa publicación.

2. As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e a data de publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicaicón desta orde.

As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención.

3. O prazo de presentación das solicitude de axudas rematará o 30 de setembro de 2020, ainda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.

 

Máis información pulsando nos “acceso á convocatoria” ou chamando ao concello.