BONO EMPREGA AUTOMOCIÓN

Mér, 05/09/2018

Orde de convocatoria: a Orde do 7 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Bono emplea automoción para a formación con contratación de persoas desempregadas no sector da automoción en Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG núm. 157, do 20 de agosto de 2018). Ligazón á normativa

 

Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, un programa de formación con contratación de persoas desempregadas nos sectores de actividade vinculados ao sector da automoción. Por medio desta convocatoria as empresas que soliciten participar na presente convocatoria terán a posibilidade de obter axudas para a formación con contratación por conta allea de persoas en situación de desemprego como parte deste programa de contratación.

 

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias as empresas pertencentes aos sectores da industria da automoción que contén no seu cadro de persoal cun mínimo de 50 persoas traballadoras. Estas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, deben contar con centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

 

Prazo de solicitudes: O prazo xeral para a presentación das solicitudes rematará 30.09.2018.

 

Máis información nesta Ligazón á normativa ou chamando ao concello ao 981687001.