Convocatoria de axudas para o transporte escolar do curso 2017-2018

Mér, 27/09/2017

O Concello de Mesía publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) núm. 184, o día 27.10.2017, a convocatoria de axudas para o transporte escolar durante o curso 2017-2018 para estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello e para os que teñan que desprazarse diariamente. Exclúense os estudos superiores (universitarios, doutorados, …).