CONVOCATORIAS AXUDAS ABERTAS: LIÑAS PEL PEME E PEL EMPRENDE 2018

Mér, 28/02/2018

 

A Deputación Provincial da Coruña publicou no BOP núm. 40, do martes 27 de febreiro do actual, as convocatorias oficiais das axudas do Plan de Emprego Local (PEL) a través das liñas PEL PEME e PEL EMPRENDE, destinadas a incentivar a contratación en pequenas e medianas empresas e a impulsar as novas iniciativas empresariais da provincia, respectivamente.

 

1. PEL EMPRENDE (INVESTIMENTO): Axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

Beneficiarios: Persoas físicas e xurídicas promotoras de iniciativas empresariais no ámbito provincial da Coruña, que na data de publicación da convocatoria destas axudas teña constituída a súa empresa ou estean dados de alta no Réxime que corresponda como traballador/a autónomo/a, cunha antigüidade máxima de cinco anos no exercicio da súa actividade, e teñan o domicilio fiscal e centro de traballo nalgún municipio da provincia da Coruña.

Contía das axudas: Pode oscilar entre un mínimo de 2.000,00 € e un máximo de 23.000,00 €.

 

2. PEL PEMES

2.1. PEL PEMES (CREACIÓN E AMPLIACIÓN): Programa de incentivos á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

Beneficiarios: Pequenas, medianas empresas e microempresas, en calquera das súas modalidades xurídicas existentes, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís que teñan o seu domicilio fiscal na provincia da Coruña e centro de traballo rexistrado en calquera concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.

Contía das axudas: As axudas a conceder oscilarán entre un mínimo de 13.500,00 € e un máximo de 16.500,00 €.

2.2. PEL PEMES (MANTEMENTO): Programa de incentivos ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. 

Beneficiarios: Pequenas, medianas empresas e microempresas, en calquera das súas modalidades xurídicas existentes, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís que teñan o seu domicilio fiscal na provincia da Coruña e centro de traballo rexistrado en calquera concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes, que foran beneficiarios/as da subvención PEL PEMES 2017 e que levaran a cabo a contratación de maneira indefinida e a manteñan á data de solicitude da axuda.

Contía das axudas: As axudas poden oscilar entre un mínimo de 9.000,00 € e un máximo de 11.000,00 €.

 

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación da Coruña, www.dacoruna.gal, pechando o prazo de presentación ás 14.00 horas do día 22.03.2018.

Máis información destas liñas no seguinte enlace: PEL 2018.

Calquera dúbida pode chamar ao concello ao 981687001 e preguntar por María José.