II PLAN DE RESCATE DA XUNTA DE GALICIA PARA AUTÓNOMOS/AS E MICROEMPRESAS

Xov, 18/02/2021

O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia publicou, hoxe 18.02.2021, a Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.


A convocatoria pública de axudas distribúese en dous programas:
-Programa I de apoio a persoas traballadoras autónomas (TR500A).
- Programa II de apoio a microempresas para o mantemento do emprego e da actividade económica (TR500B).
 

PROGRAMA I. Persoas traballadoras autónomas (código de procedemento TR500A).

PERSOAS BENEFICIARIAS:
-Persoas traballadoras autónomas en alta no RETA ou Réxime do Mar por conta propia ou as persoas autónomas societarias, con alta anterior ao 30.03.2020.
-Persoas traballadoras autónomas de tempada que estivesen de alta no RETA entre 4 e 9 meses durante cada un dos anos 2018 e 2019.

REQUISITOS:
-Ter domicilio fiscal en Galicia.
-Acreditar un descenso de facturación en 2020 de polo menos o 45% respecto ao 2019.

Nota: Poderá eximirse do requisito de estar ao corrente das obrigas tributarias no momento da solicitude da axuda sempre que: a débeda non supere o 80% da axuda solicitude e a persoa se comprometa a saldas as débedas no prazo de 15 dias naturais dende a recepción do anticiipo da axuda (unha vez satisfeita a débeda deberá comunicalo).

CONTÍA DA AXUDA:
As axudas concederanse polos seguintes importes:
a) 1.200 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e o 60 %.
b) 2.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
c) 3.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.
2. Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.
3. A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.

COMPROMISOS:
-Manter a alta durante 2 meses dende a publicación da orde de axudas.
-Cumprir coas medidas de publicidade da axuda e cofinanciamento.
-Presentar os indicadores de resultados que se lle soliciten.
-Someterse a actuacións de control, comprobación e inspección que se determinen.


PROGRAMA II. Microempresas (código de procedemento TR500B)

PERSOAS BENEFICIARIAS:
1. As persoas ou entidades beneficiarias serán as microempresas e as persoas traballadoras autónomas de calquera sector con persoal contratado. Excepcionalmente, as PEMES de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación non superior aos 2 millóns de euros (ou se pertence á canle de distribución Horeca, non superior a 5 millóns de euros).

As persoas ou entidades beneficiarias deberán cumprir todos e cada un destes REQUISITOS:
– Ter domicilio fiscal en Galicia.
– Que descendera a súa facturación conforme ao seguinte indicación: Para microempresas e persoas autónomas con persoal contratado, descenso de cando menos o 45% no ano 2020, comparado coa facturación de todo o 2019; Para PEMES excepcionalmente incluídas no programa, descenso de cando menos o 60% no ano 2020, comparado coa facturación de todo o 2019.

Nota: Poderá eximirse do requisito de estar ao corrente das obrigas tributarias no momento da solicitude da axuda sempre que: a débeda non supere o 80% da axuda solicitude e a persoa se comprometa a saldas as débedas no prazo de 15 dias naturais dende a recepción do anticiipo da axuda (unha vez satisfeita a débeda deberá comunicalo).

CONTÍA DA AXUDA:
As axudas concederanse polos seguintes importes:
a) 4.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de entre o 45 % e o 60 %.
b) 5.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
c) 6.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.
2. A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual de 2019 cos do ano 2020.

As ditas cantidades incrementaranse segundo o número de persoas traballadoras contratadas conforme aos seguintes tramos:
-De 4 ata 9 persoas traballadoras: Incremento de 1.000 €
-De 10 ata 20 persoas traballadoras: Incremento de 2.000 €
-De 21 ata 25 persoas traballadores: Incremento de 3.000 €.

COMPROMISO: Manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses dende a publicación da orde de axudas.

PRAZO DE SOLICITUDES PARA AMBOS OS DOUS PROGRAMAS
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I (persoas traballadoras autónomas) e anexo II (microempresas), segundo o procedemento correspondente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberanse cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios e serán unicamente válidas as solicitudes que se presenten no modelo establecido.

O prazo de presentación das solicitudes será do 19 de febreiro ata o 18 de marzo do 2021, ambos os dous incluídos, ou ata o esgotamento de crédito.

Máis información na propia CONVOCATORIA ou chamando ao concello ao 981687001.