MEDIDAS URXENTES COMPLEMENTARIAS PARA APOIAR A ECONOMÍA E O EMPREGO

Lun, 27/04/2020

O Estado publicou no Boletín Oficial do Estado núm. 112 do 22.04.2020 o Real Decreto – Lei 15/2020, de 21 de abril, de medidas urxentes complementarias para apoiar a economía e o emprego. Este novo paquete de medidas económicas e sociais centránse en apoiar ás empresas e aos/ás traballadores/as reforzando, complementando e ampliando as decisións adoptadas dende a segunda semana de marzo para contrarrestar o impacto do COVID-19:

- Medidas para reducir os costes operativos das PYMES e autónomos/as.
- Medidas para reforzar a financiación empresarial.
- Medidas fiscais.
- Medidas para facilitar o axuste da economía e protexer o emprego.
- Medidas de protección aos cidadáns.

Máis información nos seguintes enlaces: Web do SEPE e Facebook do SEPE.

 

Nota: para consultar o estado a vosa prestación por desemprego segue os pasos que se indican no documento adxunto.