NOVA LIÑA DE AXUDAS: EMPREGA XUVENTUDE

Lun, 02/10/2017
EMPREGA XUVENTUDE MESÍA 2017

Orde de convocatoria: Orde do 11 de agosto de 2017, pola que que se establecen as bases reguladoras dunha experiencia piloto para a creación dun dunha experiencia piloto para a creación dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario e se procede á convocatoria de incentivos para as empresas para formación e contratación de mozas e mozos neses sectores. Enlace.

 

Obxecto: Programa de incentivos para fomentar á contratación xuvenil e atender as necesidades das empresas cara aos novos perfís profesionais, nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario.

 

Personas beneficiarias: As empresas que estean interesadas en colaborar con dita experiencia, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario, que deben de contar con centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e cumplan os seguintes requisitos:

Contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras na data da presentación da solicitude de participación na experiencia piloto.

Unha estabilidade laboral que deberá ser dun mínimo dun 60% no mes anterior ao da solicitude

A conformidade de participación manifestarase no anexo I da solicitude.

 

Requisitos dos/as candidatos/as: Ser menor de 30 anos, estar en situación de desemprego no momento da contratación e non ter traballado nos últimos 6 meses para a empresa solicitante.
 

Contratacións subvencionables: Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións dunha duración mínima inicial de 12 meses realizadas desde o 26 de agosto de 2017 ata o 15 de decembro de 2017  e formalizadas con persoas desempregadas menores de 30 anos.


Contías:Para mellorar a súa cualificación, proporcionarase unha subvención de 2.000 euros  as empresas participantes que formarán ás persoas traballadoras nas propias empresas polo que la formación se centrará mas características do posto para o que é contatado a persoa moza.

Para incentivar á contratación haberá un segundo bono de 5.000 euros para a contratación laboral de mozos e mozas nas empresas de sectores e liñas de negocio empresarial vinculados á innovación tecnolóxica industrial ou no sector agroalimentario aos que va dirixida a presente orde.

 

Prazo de solicitudes:O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.

As solicitudes de participación neste programa piloto así como os bonos de contratación e formación deberán presentarse no prazo dun mes desde a data de formalización do contrato.

O prazo de presentación rematará o 15 de decembro 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.