PEL 2020 PARA PEMES E AUTÓNOMOS

Lun, 01/06/2020

A Deputación da Coruña reabre o prazo para solicitar as axudas das liñas PEL-PEMES e PEL-EMPRENDE do Plan de emprego Local 2020 dirixidas a pequenas e medianas empresas, autónomos/as, emprendedores/as da provincia. O prazo de solicitudes, que foi suspendido en marzo debido ao estado de alarma, retómase de novo a partir de hoxe, luns 01.06.2020, e estará aberto ata o 11 de xuño.


Máis información no seguinte enlace "PEL-PEMES e PEL-EMPRENDEou chamando ao concello ao 981687001.