PEL RELEVO_CREACION DE EMPREGO PARA A XUVENTUDE

Xov, 28/01/2021
PEL RELEVO



Convocatoria: Bases reguladoras das axudas do proxecto PEL RELEVO para o fomento da contratación da mocidade da provincia da Coruña e dirixidas a afrontar o reto demográfico nos municipios de menor poboación, no marco do Programa operativo de emprego xuvenil do Fondo Social Europeo, polas que se regulan as subvencións ás empresas para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.



Finalidade e obxecto: A finalidade destas axudas PEL RELEVO para o fomento da contratación da mocidade da provincia da Coruña e dirixidas a afrontar o reto demográfico nos municipios de menor poboación, no marco do Programa operativo de emprego xuvenil do Fondo Social Europeo, polas que se regulan as subvencións ás empresas para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Estes incentivos terán o obxecto de crear oportunidades de acceso a emprego estable e de calidade, converténdose nun instrumento para favorecer o relevo xeracional no tecido empresarial do territorio rural da provincia da Coruña.

Persoas destinatarias: Serán ser beneficiarias das axudas pequenas, medianas empresas, microempresas e/ou persoas autónomas (empregadoras), promotoras de iniciativas empresariais sustentables que, con anterioridade á data da publicación da convocatoria desta axuda, desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro, calquera que sexa a súa forma xurídica, e reúnan os requisitos sinalados e que realicen contratacións indefinidas de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que cumpran os seguintes requisitos.

Requisitos comúns a persoas físicas e xurídicas:
- Domicilio fiscal e/ou centro de traballo nun concello da provincia da Coruña de menos de 5.000 habitantes ou de entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo.
- Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias en relación coa Lei xeral de subvencións.
- Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade social en relación coa Lei xeral de subvencións.
- Estar ao corrente nas súas obrigas tributarias coa Deputación da Coruña.

A actividade profesional da empresa/empregadora deberase ter exercida con anterioridade á data de solicitude e manterse de modo efectivo ao longo do período temporal declarado do contrato da persoa moza.

Requisitos específicos:
-
Persoas físicas: Estar dadas de alata no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou como mutualista de colexio profesional.
- Persoas xurídicas: Estar inscritas no rexistro mercantil ou no rexistro público correspondente.

Requisitos das persoas mozas contratadas/a contratar:
- No momento da formalización do contrato obxecto da axuda, teñen que ter unha idade comprendida entre os 16 e os 29 anos, ambos incluídos. Unha vez cumpridos 30 anos, poderán ser destinatarias da axuda se a solicitan antes de que transcorran 4 messes. No caso de que unha persoa cumpra os 30 anos e 4 meses mentres participe nas actuacións do proxecto, poderá manter a súa participación.
- Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de xeito previo á alta no RETA. As persoas que non foran debidamente inscritas no dito sistema antes de cumprir os 30 anos non serían elixibles.
- Estar empadroados en calquera localidade dos territorios rurais obxecto desta axuda e residir durante todo o período de vixencia da subvención en algún dos 64 municipios sinalados na convocatoria (entre eles Mesía).
- Os mozos e mozas participantes non poderán figurar como contratados mais dunha vez a non ser que se trate de empresas diferentes.

Requisito do contrato:
-
Contrato efectuado baixo a modalidade de indefinido a tempo completo.
- Poderase admitir a modalidade de contrato a distancia ou teletraballo ou a existencia dun centro de traballo itinerante, tendo en conta sempre que a persoa moza contratada resida nun dos concellos incluídos no ámbito do proxecto.
- O contrato terá que estar comunicado ao Servizo Público de Emprego de Galicia e formalizado nos modelos estandarizados establecidos.

Axudas: PEL RELEVO_CREACIÓN DE EMPREGO PARA A MOCIDADE
- Nº traballadores: Entre 1 e cinco
- Fórmula para o cálculo da axuda: SMI vixente x 0,5 x mes xustificado x n.º de contratos efectuados
- Límite temporal da axuda: 12 meses.

Forma e prazo de presentación: As empresa e/ou persoas empregadoras interesadas en particpar na convocatoria de axudas PEL RELEVO deberán comunicar a súa vontade de adhesión á mesma rexistrándose, se non o estiveran, na plataforma telemática SUBTEL (acceso dende a páxina web www.dacoruna.gal) mediante a sinatura electrónica da persoa representante legal e, cumprimentando os campos de solicitude do apartado corresondente á convocatoria PEL RELEVO. Para presentar a solicitude de xeito  telemático é imprescindible que a solicitante, no caso de persoas físicas, e/ou a representante legal da entidade, cando se trate de persoas xurídicas, dispoña de sinatura electrónica.

O prazo de presentación de solicitudes das axudas PEL RELEVO finalizará ás 14.00 horas o 31 de decembro de 2021.

Documentación a presentar:

No momento da presentación da solicitude, as entidades deberán proporcionar a información solicitada nos formularios e plantillas da plataforma telemática SUBTEL, e subir á mesma a documentaicón acreditativa do cumprimento dos requisitos exixidos con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda.

Documentación xeral:
- Anexo I. Declaración de minimis.
- Anexo II. Autorización de representación só no caso de non coincidir coa persoa solicitante ou co representante legal da entidade.
- Certificado de situación censal da Axencia Estatal Tributaria actualizado.

Documentación específica:
- Persoas físicas: Informe de vida laboral do/a autónomo/a onde conste a data de alta no RETA.
- Persas xurídicas: Escritura de constitución da entidade e as súas modificacións ou variacións posteriores (se as houbese), ou calquera outro documento análogo no que figuren os estatutos, estipulacións ou contratos privados, así como a inscrición no rexistro público correspondente no caso de estar obrigados.

Información: Máis información no concello chamando ao  981687001 ou premendo nos seguintes enlaces:
- Bases reguladoras das axudas PEL RELEVO: Fomento da contratación da xuventude, dirixidas a afrontar o reto demográfico nos concellos de menor poboación da provincia da Coruña. Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Fondo Social Europeo (EMP POEJ)
- Convocatoria.