PRÁCTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS

Mar, 03/10/2017
PRACTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS MESIA 2017

Orde de convocatoria: Orde do 14 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que realizan prácticas non laborais en empresas, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil (DOG nº 186 do, 29 de setembro de 2017). Ligazón á normativa. 

 

Obxecto: Subvencións para o financiamento ás empresas das bolsas das persoas novas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que realizan prácticas non laborais nestas empresas.

 

Beneficiarios: Poderán ser entidades beneficiarias as empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con persoas novas para a realización de prácticas non laborais.

 

Requisitos dos/as candidatos/as: Persoas novas desempregadas inscritas no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que teñan entre 18 anos e 29 anos e que posúan unha titulación oficial universitaria, de formación profesional, de grado medio ou superior, ou titulación do mesmo nivel que o desta última, correspondente ás ensinanzas de formación profesional, artísticas ou deportivas, ou ben un certificado de profesionalidade. Así mesmo, non deben ter tido unha relación laboral ou outro tipo de experiencia profesional superior a tres meses na mesma actividade.

 

Prazo de solicitudes: O prazo xeral para a presentación das solicitudes rematará 30.10.2017.

 

Máis información nesta Ligazón á normativa ou chamando ao concello ao 981687001.