PROGRAMA GALICIA RURAL EMPRENDE

Xov, 15/02/2018

Orde de convocatoria: Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende). Enlace.

 

Obxecto: As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.

 

Personas beneficiarias:

a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

b) As microempresas e pequenas empresas, segundo a definición do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño, de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.

c) As persoas físicas que residan nunha zona rural e que creen unha nova empresa ou que inicien unha actividade distinta da que tiña no momento da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase zona rural o territorio elixible segundo o previsto no artigo 1.1 destas bases reguladoras.

 

 Contía da axuda:

A axuda consistirá nunha prima cuxa contía básica establécese en 20.000 euros, e que poderá incrementarse ata un máximo de 70.000 euros nas seguintes situacións:

a) De acordo ao seguinte rango de gasto e investimento admisible:

1º De 20.000 a 30.000: incremento sobre a prima básica de 12.500 euros.
2º De 30.001 a 40.000: incremento sobre a prima básica de 17.500 euros
3º De 40.001 a 60.000: incremento sobre a prima básica de 25.000 euros
4º De 60.001 a 80.000: incremento sobre a prima básica de 31.500 euros
5º De 80.001 a 100.000: incremento sobre a prima básica de 40.500 euros
6º Maior de 100.000: incremento sobre a prima básica de 45.000 euros

b) Creación de emprego indefinido (mínimo 1 emprego UTA). A creación de emprego debe ser adicional, ademais da man de obra correspondente ao beneficiario da axuda: 20.000 euros.

c) Ubicación nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións específicas relacionadas no anexo VII das bases reguladoras: 5.000 euros.


Prazo de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 26 do próximo mes de marzo.

Máis información nesta  ligazón  ou chamando ao concello ao 981687001.