A Deputación Provincial da Coruña publicou no BOP núm. 2, do 05.01.2021, as bases reguladoras das axudas do proxecto PEL RURINNOVA para o fomento do emprendemento entre a mocidade da provincia da Coruña e dirixidas a afrontar o reto demográfico nos municipios de menor poboación, no marco do programa operativo de emprego xuvenil do Fondo Social Europeo, polas que se regulan as axudas ao emprendemento individual de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
A finalidade destas axudas PEL RURINNOVA é o fomento do autoemprego e a creación de empresas a través de accións e medidas dirixidas ao desenvolvemento de iniciativas empresariais da mocidade mediante o traballo autónomo, empadroados en concellos da provincia da Coruña, entre eles, no de Mesía.
Estes incentivos terán o obxecto de crear oportunidades de emprego estable e de calidade, converténdose nun instrumento para favorecer a creación de tecido empresarial no territorio rural da provincia da Coruña.
As persoas destinatarias destas axudas son persoas mozas menores de 30 anos inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que promovan iniciativas empresariais de nova creación incorporadas ao réxime de autónomos como persoas físicas ou persoas xurídicas dende o 1 de abril de 2019.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata ás 14.00 horas do 30 de abril de 2021.
Máis información en “Ler máis”.
Axudas
Xov, 28/01/2021 |
|
|
Mér, 05/08/2020 |
A Deputación Provincial da Coruña publicou o día 4 de agosto do actual no Boletín Provincial da Coruña núm. 122, a apertura do prazo de presentación de solicitudes das seguintes convocatorias de axudas: - Convocatoria liña de axudas PEL RURINNOVA_Xuventude emprendedora
|
|
Lun, 20/07/2020 |
A Deputación Provincial da Coruña publicou no BOP núm. 111, do 20.07.2020, as bases reguladoras das axudas do proxecto PEL RELEVO para o fomento da contratación da mocidade da provincia da Coruña e dirixidas a afrontar o reto demográfico nos municipios de menor poboación, no marco do Programa operativo de emprego xuvenil do Fondo Social Europeo, polas que se regulan as subvencións ás empresas para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. |
|
Lun, 20/07/2020 |
A Deputación Provincial da Coruña publicou no BOP núm. 111, do 20.07.2020, as bases reguladoras das axudas do proxecto PEL RURINNOVA para o fomento do emprendemento entre a mocidade da provincia da Coruña e dirixidas a afrontar o reto demográfico nos municipios de menor poboación, no marco do programa operativo de emprego xuvenil do Fondo Social Europeo, polas que se regulan as axudas ao emprendemento individual de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. |
|
Lun, 06/07/2020 |
A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 133, do 06.07.2020, as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas para as persoas traballadoras autónomas de Galicia do programa Cheque autónomo seguimos adiante. |
|
Lun, 06/07/2020 |
A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia convocou as axudas ao programa Emega que comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres (DOG núm. 133, 06.07.2020) |
|
Xov, 02/07/2020 |
O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) publicou no DOG núm. 129 do 01.07.2020 a Resolución do 19 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para os anos 2020-2021. |
|
Lun, 01/06/2020 |
A Deputación da Coruña reabre o prazo para solicitar as axudas das liñas PEL-PEMES e PEL-EMPRENDE do Plan de emprego Local 2020 dirixidas a pequenas e medianas empresas, autónomos/as, emprendedores/as da provincia. O prazo de solicitudes, que foi suspendido en marzo debido ao estado de alarma, retómase de novo a partir de hoxe, luns 01.06.2020, e estará aberto ata o 11 de xuño.
|
|
Lun, 27/04/2020 |
O Estado publicou no Boletín Oficial do Estado núm. 112 do 22.04.2020 o Real Decreto – Lei 15/2020, de 21 de abril, de medidas urxentes complementarias para apoiar a economía e o emprego. Este novo paquete de medidas económicas e sociais centránse en apoiar ás empresas e aos/ás traballadores/as reforzando, complementando e ampliando as decisións adoptadas dende a segunda semana de marzo para contrarrestar o impacto do COVID-19: - Medidas para reducir os costes operativos das PYMES e autónomos/as. Máis información en "Ler máis", na Web do SEPE e no Facebook do SEPE. |
|
Mar, 31/03/2020 |
O Goberno aprobou un paquete de medidas extraordinarias para traballadores/as por conta propia, empresas e traballadores asalariados afectados pola declaración do estado de alarma ante a pandemia polo COVID-19. Unha das principais medidas destínase aos/ás autónomos/as coa aprobación dunha prestación extraordinaria co obxecto de paliar os efectos negativos sobre os seus negocios da pandemia do COVID-19. Toda a información sobre a dita prestación poden vela en "Ler máis". |
|