Axudas

Lun, 02/03/2020

O Concello de Mesía informa de que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 38 do 26.02.2020 a Resolución do 06.02.2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación dirixidas a persoas físicas, entre outros beneficiarios, para o ano 2020:

- Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas,  que se tramitará co código de procedemento VI422E. O prazo de presentación das solicitudes de subvención rematará o 26.03.2020 ou ata o esgotamento de crédito.

- Programa de fomento da mellora da rexeneración e renovación urbana e rural, correspondente ás áreas de rehabilitación integral (ARI) de Camiños de Santiago, que se tramitará co código de procedemento VI408H. O prazo de presentación das solicitudes de subvención rematará o 30.10.2020 ou ata o esgotamento de crédito.

- Programa Rehaluga para as persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas en trámite de incorporación no marco do Programa de vivendas baleiras, que se tramitará co código de procedemento VI426C. O prazo de presentación das solicitudes de subvención rematará o 10.11.2020 ou ata o esgotamento de crédito.
 

Máis información en "Ler máis".

Lun, 13/01/2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 3, do 07.01.2020, axudas destinadas ás empresas ao abeiro do programa 'Galicia Emprega', que ten como obxectivo impulsar a formación e contratación de mozos/as, persoas con discapacidade, mulleres e parados/as de longa duración. Galicia Emprega” abrangue catro liñas: “Emprega Xuventude”, “Emprega discapacidade e exclusión”, “Emprega Muller” e “Emprega parados de longa duración”.

 

Máis información en “Ler máis” ou chamando ao concello.

Xov, 16/05/2019

 

A Xunta de Galicia abriu o prazo de presentación de solicitudes de axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma.

Esta convocatoria concede axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que unha vez finalizado o seu período de descanso por nacemento contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.

 

Mediante a presente axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.

O prazo de solicitude ata o 30.09.2019.

Lun, 10/09/2018

A Xunta de Galicia abriu o prazo de presentación de solicitudes de axudas para a posta en marcha de casas do maior no rural.

Concederanse axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de mulleres e homes maiores de 60 anos de idade, en situación de dependencia moderada e severa, de grado I e grado II, respectivamente, mediante o establecemento da casa do maior nos concellos de menos de 5.000 habitantes.

O prazo de solicitude remata o 07.10.2018.

Máis información en "Ler máis...".

Mér, 05/09/2018

A Xunta de Galicia abriu o prazo de presentación de solicitudes para a concesión das seguintes axudas de rehabilitación (código de procedemento VI422E) previstas no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021:

 

 

a) Liña A, axuda ao fomento de mellora da eficacia enerxética e da sustentabilidade en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de mellora da eficiencia enerxética e da sustentabilidade, con especial atención á envolvente edificatoria.

 

b) Liña B, axuda ao fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade.

 

O prazo de solicitude remata o 21.09.2018.

Mér, 05/09/2018

A Xunta de Galicia abriu o prazo de presentación de solicitudes para beneficiarse do Bono emprega automoción que consistirá nunha subvención ás empresas beneficiarias no programa que, ademais da contratación laboral de persoas en situación de desemprego, leven a cabo accións formativas para mellorar os coñecementos e habilidades no posto de traballo das persoas participantes.

O prazo de solicitude remata o 30.09.2018

Máis información en "Ler máis...".

Xov, 02/08/2018

A Xunta de Galicia abriu o prazo de presentación de solicitudes de axudas para a posta en marcha de casas niño no rural para os anos 2018, 2019, 2020 e 2021. Concederanse axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da Comunidade autónoma de Galicia en que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade.

O prazo de solicitude remata o 01.09.2018.

Ven, 06/07/2018

A Xunta de Galicia abriu o prazo de presentación de solicitudes para a concesión e renovación de axudas ao alugamento de vivendas, de conformidade co Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021.

O prazo de solicitude remata o 30.07.2018.

Máis información en "ler máis...".

Ven, 06/07/2018

A Xunta de Galicia convocou as axudas ao programa Emega que comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

O prazo de solicitude remata o 06.08.2018.

Máis información en "Ler máis...".

Ven, 06/07/2018

A Xunta de Galicia abriu o prazo de presentación de solicitudes para beneficiarse do Bono Concilia, unha axuda económica directa ás familias que permite sufragar o custe dunha praza nunha escola infantil de 0 a 3 anos non sostida con fondos públicos destinada á aquelas familias que non obtiveran praza financiada pola administración para o seus fillos ou fillas ou que residan en concellos onde non hai un recurso público deste tipo.

O prazo de solicitude remata o 03.08.2018

Máis información en "Ler máis...".

Páxinas