O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña publicou o día 22.03.2018, no Boletín Oficial da Provincia núm. 56, as bases reguladoras das convocatorias de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades e/ou investimentos culturais no ano 2018 e o día 03.04.2018, no Boletín Oficial da Provincia núm. 62, a apertura do prazo de presentación de solicitudes das ditas convocatorias.
O prazo de solicitude das axudas ao abeiro das ditas convocatorias comeza o 04.04.2018 e rematará ás 14.00 horas do día 27.04.2018 e realizarase a través da plataforma SUBTEL da páxina web da Deputación Provincial da Coruña.
Máis información en “Ler máis”.