Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos: a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021. b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos. c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21.
O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, conforme o modelo que figura no anexo I da presente resolución, nos centros educativos sinalados a continuación ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes: a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña. b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 23 de abril de 2021 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
Máis información na propia convocatoria ou chamando ao concello ao 981687001.
Infórmase de que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publicou no DOG núm. 37, de 24.02.21, a RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).
Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21.
O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, conforme o modelo que figura no anexo I da presente resolución, nos centros educativos sinalados a continuación ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 23 de abril de 2021 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
Máis información na propia convocatoria ou chamando ao concello ao 981687001.