CONVOCATORIA OBTENCION CERTIFICACION GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMATICA

Xov, 28/01/2021
COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMATICA

A Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 18, do 28.01.2021, a Resolución do 20 de xaneiro de 2021 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia e a súa posterior avaliaicón a través da correspondente proba presencial.

Destinatarios: Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes do remate do prazo de inscrición.



Información curso:
- Número de prazas: 180.
- Duración: 190 horas lectivas (12 semanas).
- Modalidade: Teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
- Datas de realización: 190 horas lectivas do 1 de marzo ao 28 de maio de 2021.
- Contido: Sistema operativo, busca de información: internet/intranet e correo electrónico; Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer; Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc; Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base; Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

Prazo de inscrición: ata o 04.02.2021, inclusive.

Máis información chamando ao concello ao 981687001 ou no seguinte enlace:
- RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2021 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.