CONVOCATORIA PROBAS ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

Xov, 11/02/2021


O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou no DOG núm. 26, do 09.02.2021, a ORDE do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).


- Proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio (ED312C). Poderán participar nesta proba as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba. O prazo de presentación de solicitude de inscricións estará abranguido entre os días 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos. A data da proba será o 27.05.2021.

- Proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior (ED312D). Poderán participar nesta proba de acceso as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba. O prazo de presentación de solicitude de inscricións estará abranguido entre os días 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos. A data da proba será o 15.04.2021.

As inscricións poderán realizarse na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2020/21.

Máis información na propia CONVOCATORIA, no seguinte ENLACE ou chamando ao concello ao 981687001.