CONVOCATORIA PROBAS DE AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE

Ven, 05/03/2021
COMPETENCIAS CLAVE

O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Emprego e Igualdade publicou no día de hoxe, 05.03.21, no DOG núm. 44, a Resolución da Dirección Xeral de Formación e Colocación pola que de convocan probas de avaliación en compencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación.

Convócanse as seguintes COMPETENCIAS CLAVE:
- Comunicación en lingua galega.
- Comunicación en lingua castelá.
- Comunicación en lingua extranxeira (inglés)
. Só se require en algúns certificados de profesionalidade.
- Competencia matemática.

A superación das probas de competencias clave permitirá o acceso aos certificado de profesionalidade do nivel correspondente.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN. Poderán presentarse ás probas para a obtención do certificado de superación das comptencias clave as persoas que cumpran os dous requisitos seguintes:
- Maiores de 16 anos ou que os fagan en 31 de decmebro do ano natural en que se celebren as probas.
- Non estar en posesión de ningún dos requisitos de acceso á formación dos certificados de profesionalidade establecidos.

As solicitude para participar nestas probas deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia ou poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES comezará o 06.03.2021 e rematará o 07.04.2021.

CALENDARIO PREVISTO
- Publicación da lista provisional de admitidos: Aproximadamente un mes despois do remate do prazo de presentación das solicitudes.
- Presentación de alegacións: 4 días hábiles contados a partir do día seguine ao da publicación da lista provisional.
- Publicación lista definitiva: 1 semana despois da finalización da presentación de alegacións.
- Realización das probas: Publicarase o lugar e os días de realización das probas na web da Consellería de Emprego e Igualdade.

MÁIS INFORMACIÓN na propia convocatoria ou chamando ao concello ao 981687001.