CONVOCATORIA PROBAS OBTENCIÓN CELGA 1, 2, 3 E 4

Mar, 13/03/2018

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG núm. 51, do 13.03.2018, a Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüísitca pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga1, 2, 3 e 4 no ano 2018.

Persoas destinatarias: Persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais e estranxeiras.

 

 

Datas de realización das probas:

Celga 4: 26 de maio de 2018

Celga 2: 27 de maio de 2018

Celga 3: 2 de xuño de 2018

Celga 1: 3 de xuño de 2018.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

 

Prazo de solicitude: ata o 13 de abril de 2018.

Para a inscrición deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo ED114A, que se publica como anexo I á dita resolución e aboar a taxa que se indica na convocatoria e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Máis información pulsando nesta ligazón ou chamando ao concello ao 981687001.