CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA

Xov, 19/09/2019

O proxecto ECORAXIA LAB formará gratuitamente a desempregados/as dos Concellos de Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Oza-Cesuras, Betanzos, Abegondo, Arzúa e Melide e as súas correspondentes áreas de influencia que queiran emprender en agricultura ecolóxica.

Raxia Formación, empresa especializada no sector da formación agroalimentaria porá en marcha no Concello de Vilasantar a primeira edición do ECORAXIA LAB centrado en produtos agroalimentarios, dentro da convocatoria "Axudas para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural" convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia durante o mes de outubro de 2019.

ECORAXIA LAB é un programa formativo intensivo que ten como obxetivo a diagnose, xeración de ideas, formación e mentorización para a posible creación de proxectos empresariais no eido da industria agroalimentaria nos Concellos de Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Oza-Cesuras, Betanzos, Abegondo, Arzúa e Melide e as súas correspondentes áreas de influencia e poden participar gratuitamente persoas en situación de desemprego que desexen formarse nesta materia. Nesta primeira edición, o ECORAXIA LAB centraráse nos productos hortofrutícolas dende a perspectiva da producción ecolóxica". Para elo, o proxecto terá como obxectivo a formación de desempregados para o impulso de iniciativas empresariais que se impartirá no concello de Vilasantar, en concreto, na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar que xestiona a asociación "A Raíña", con gran tradición na formación especializada en materia de elaboración, distribución, promoción e e comercialización no eido agroalimentario hortofrutícola así como asesoramento empresarial, de innovación e coaching de emprendemento.


A comarca representada polos Concellos de Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Oza-Cesuras, Betanzos, Abegondo, Arzúa e Melide ten unhas perfectas condición para por en marcha unha iniciatica de agricultura ecolóxica, e grazas a este proxecto, pódese adquirir formación sen custe algún.

 

DATA PREVISTA DE INICIO o 25.09.2019.

LUGAR: Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar.

 

COMO APUNTARSE

O perfil obxectivo desta selección será prioritariamente (prioritario non excluínte en ningún caso) mozos/as desempregados/as de menos de 35 anos e maiores de 45 ou parados de longa duración, inscritos/as como demandantes de emprego coa tarxeta ao día no momento do inicio do cuso que desexen emprender unha actividade económica nos concellos mencionados ou da contorna ou estén interesados/as no mundo da agricultura ecolóxica.

 As persoas interesadas no proxecto poden inscribirse gratuitamente chamando ao teléfono 674 731 474 de 09:00 a 14:00 horas ou remitindo un email a administrativo@raxiaformacion.es indicando no encabezado a "Inscripción no EcoRaxia Lab". O proxecto contempla tamén o pago dos custes de desprazamento ata a formación cada un dos días de asistencia.