CURSO DE PREPARACIÓN CELGA 2 E CELGA 4

Mér, 05/09/2018

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomundade de Ordes, servizo do que forma parte o Concello de Mesía, vai levar a cabo unhas xornadas de preparación para a obtención dos certificados de lingua galega Celga 2 e Celga 4 dirixido a todas as persoas interesadas na adquisición das competencias básicas en lingua galega debido á demanda de usuarios/as que así o solicitan.

Prazo de solicitude: ata o 27 de setembro de 2018.

Lugar: SNL da Mancomunidade de Ordes, de 08:00 a 15:00 horas (telf.: 981 680 002, ext.120).


 

Datas de realización do curso: Dende o 2 de outubro ao 6 de novembro de 2018 (martes e xoves, de 10:00 a 12:00 horas).

Duración: 20 horas.

Lugar de realización do curso: Concello de Ordes.