CURSO "LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS"
Ven, 12/02/2021
O Concello de Mesía informa de que o departamento do Plan de Emprego Local da Deputación Provinical da Coruña, no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove está a programar a impartición das dúas edicións da acción formativa "LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS" do Itinerario de SEGURIDADE E MEDIO AMBIENTE que inclúe 60 horas de Prevención de Riscos Laborais como formación complementaria.
O obxectivo deste curso é realizar as labores de limpeza de espazos abertos, instalacións e equipamentos industriais, empregando os medios, útiles e vehículos de tonelaxe inferior a 3.500 kg., axeitado a cada espazo e/ou equipamento para acadar a consecución dun óptimo nivel de limpeza, hixiene e ornato.
A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria: - Zona Norte: Cerceda. - Zona sur: Muros.
A data de inicio, prevista para mediados do mes de marzo, será comunicada ao longo do proceso de selección.
O dito curso está dirixido a persoas mozas que reúnan os requisitos especificados nas axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Emprego Xove (axudas AP_POEJ), todas elas menores de 30 anos e desempregadas da provincia da Coruña, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove, e que ademais cumpren os seguintes requisitos: - Ter cumpridos 16 anos de idade. - Estar empadroado/a en algún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia (entre eles Mesía).
Todas as persoas mozas interesadas en participar teñen que entregar a solicitude e a documentación esixida no concello no que estean empadroadas, neste caso no Rexistro xeral do Concello de Mesía, ata o 04.03.2021.
Máis información no documento adxunto ou chamando ao concello ao 981687001.
O Concello de Mesía informa de que o departamento do Plan de Emprego Local da Deputación Provinical da Coruña, no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove está a programar a impartición das dúas edicións da acción formativa "LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS" do Itinerario de SEGURIDADE E MEDIO AMBIENTE que inclúe 60 horas de Prevención de Riscos Laborais como formación complementaria.
O obxectivo deste curso é realizar as labores de limpeza de espazos abertos, instalacións e equipamentos industriais, empregando os medios, útiles e vehículos de tonelaxe inferior a 3.500 kg., axeitado a cada espazo e/ou equipamento para acadar a consecución dun óptimo nivel de limpeza, hixiene e ornato.
A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria:
- Zona Norte: Cerceda.
- Zona sur: Muros.
A data de inicio, prevista para mediados do mes de marzo, será comunicada ao longo do proceso de selección.
O dito curso está dirixido a persoas mozas que reúnan os requisitos especificados nas axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Emprego Xove (axudas AP_POEJ), todas elas menores de 30 anos e desempregadas da provincia da Coruña, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove, e que ademais cumpren os seguintes requisitos:
- Ter cumpridos 16 anos de idade.
- Estar empadroado/a en algún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia (entre eles Mesía).