CURSO OPERADOR/A DE CARRETILLA

Ven, 06/04/2018

A Oficina de Emprego da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes pon en coñecemento de todas as persoas interesadas a posta en marcha dun curso de operador/a de carretilla.

Inicialmente ofértanse 18 prazas.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o próximo 16 de abril, podéndose facer presencialmente nas oficinas da Mancomunidade, situadas nos baixos da alameda de Ordes, ou ben telefonicamente chamando ao 981680679.

Ao finalizar o curso, de vinte horas presenciais, outorgarase a certificación oficial de operador/a de carretilla de manutención de ata 10.000 quilos segundo a normativa UNE 58451:2016.

As clases terán lugar en Ordes os días 4, 5, 11 e 12 de maio, e impartiranse tanto coñecementos teóricos como prácticos.

O custo do curso é de 140 €.