Curso preparatorio exames ESO para adultos

Ven, 10/11/2017

O Concello de Mesía organiza un curso preparatorio para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO) dirixido a todas as persoas adultas maiores de 18 anos e que comezará a impartirse no mes de xaneiro de 2018.

A finalidade de curso é preparar academicamente, a través de apoio titorial e formativo, ao alumnado asistente para que supere satisfactoriamente as probas libres para maiores de 18 anos que convoca a Xunta de Galicia para a obtención do título en ESO.

Actualmente, para poder acceder a diversos postos de traballo e á formación a través de certificados de profesionalidade dun nivel superior, é necesario estar en posesión desta titulación.

As persoas interesadas poderán inscribirse no Concello ata o 8 de xaneiro de 2018.

O lugar, as datas e o prezo do curso determinarase unha vez que remate o prazo de inscrición.

Para máis información chamar ao concello ao 981 687 001 (preguntar por Pilar ou María José).