CURSOS PREPARATORIOS DAS PROBAS CELGA 1, 2, 3 E 4

Xov, 30/01/2020

A Consellería de Cultura e Turismo publicou no DOG núm. 19, do 29.01.2020, a Resolución do 17 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 na modalidade presencial e de teleformación.

Podedes consultar a programación dos cursos que se convocan na modalidade presencial no Anexo II da dita Resolución (niveis Celga 2, 3 e 4) e os que se convocan na modalidade de teleformación no Anexo III da dita Resolución (niveis Celga 1, 2, 3 e 4). Cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas.

A realización dos cursos, tanto presencial como de teleformación, comezarán o 16.03.2020 e rematarán o 08.05.2020. No DOG do día 30.01.2020 saíu unha corrección de ereros relativa as datas do curso celga na modalidade de teleformación. 

Persoas destinatarias: Todas as persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 19 de febreiro de 2020.

Todos os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 30, agás os cursos de Celga 1, que terán un número máximo de 50 participantes. Se un curso ten máis solicitudes ca prazas dispoñibles, a asignación farase por orde de entrada das solicitudes. No caso de que entren varias ao mesmo tempo, utilizarase o criterio da orde alfabética.

Por outro lado, informámolos/as de que o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes realizará un curso preparatorio do celga 4. O curso terá unha duración  de 40 horas e será do 2 de marzo ao 27 de abril de 2020, en dúas sesións de mañá á semana, luns e xoves de 10:00 a 12:30 horas. O prazo para inscribirse remata o 21 de febreiro de 2020.

Para máis información neste enlace ou na convocatoria ou chamar ao concello ao 981 687 001 (preguntar por María José).