CURSOS PREPARATORIOS PARA A OBTENCIÓN CERTIFICADOS LINGUA GALEGA (CELGA)

Mér, 03/02/2021
CELGA

O Concello de Mesía informa de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia no DOG núm. 22, do 03.02.2021, anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Os cursos que se convocan teñen dúas modalidades: modalidade presencial (Celga 3 e 4) e modalidade en liña (Celga 1, 2, 3 e 4).

Estes cursos poderán ser solicitado por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.
 

Os cursos que se ofertan nesta provincia son:

> Presenciais
. A Coruña ............................... Celga 4. Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Do 15.03.21 ata o 06.05.21, de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h.
. Ferrol ..................................... Celga 4. IES Concepción Arenal. Do 15.03.21 ata o 06.05.21, de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h.
. Santiago de Compostela ......... Celga 4. IES Arcebispo Xelmirez I. Do 15.03.21 ata o 06.05.21, de luns a xoves, das 19.00 ás 21.30 h.

> Teleformación
. 3 cursos a nivel Galicia ........... Celga 1. Do 15.03.21 ao 06.05.21.
. 1 curso a nivel A Coruña. ........ Celga 2. Do 15.03.21 ao 06.05.21.
. 2 cursos a nivel A Coruña ....... Celga 3.  Do 15.03.21 ao 06.05.21.
. 5 cursos a nivel A Coruña ....... Celga 4.  Do 15.03.21 ao 06.05.21.

Todos os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 30, agás os cursos do Celga 1, que terán un número máximo de 50 participantes.

O prazo para presentar as solicitudes será ata o 24 de abril, inclusive, dende mañá día 04.02.2021. Só se poderá presentar unha única solicitude e solicitar un único curso por persoa.

Máis información pulsando no seguinte enlace "Convocatoria" ou chamando ao concello ao 981687001.