CURSOS PREPARATORIOS PROBAS CELGA 1, 2, 3 E 4

Ven, 09/02/2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG núm. 26, do 06.02.2017, a Resolución do 25 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 na modalidade presencial e de teleformación.

Podedes consultar a programación dos cursos que se convocan na modalidade presencial no Anexo II da dita Resolución (niveis Celga 2, 3 e 4) e os que se convocan na modalidade de teleformación no Anexo III da dita Resolución (niveis Celga 1 e 4).

Persoas destinatarias: Todas as persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes do 7 ao 26 de febreiro de 2018.

Para máis información neste enlace ou chamar ao concello ao 981 687 001 (preguntar por María José).