PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO LINGUA GALEGO: CELGAS 1, 2, 3 E 4

Mér, 17/03/2021

O Concello de Mesía informa de que hoxe, 17.03.2021, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no DOG núm. 52, a Resolución, do 8 de marzo de 2021, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Poderán presentarse ás probas as persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou extranxeiras.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I da dita convocatoria, e aboar a taxa correspondente. O prazo de inscrición é dende o 18.03.2021 ata o 12.04.2021.

Máis información no seguinte enlace: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Probas/convocatoria_0022/probas-celga-1-2-3-4 ou chamando ao concello ao 981687001.