Formación

Xov, 28/01/2021
COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMATICA

A Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 18, do 28.01.2021, a Resolución do 20 de xaneiro de 2021 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Destinatarios: Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes do remate do prazo de inscrición.

Modalidade do curso: Teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.

Duración e datas de realización: 190 horas lectivas do 1 de marzo ao 28 de maio de 2021.

Prazo de inscrición: ata o 04.02.2021, inclusive.

Máis información en "Ler máis".

Ven, 15/01/2021

A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 8, do 14.01.2021, a convocatoria pública para o ano 2021 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

As 7 cualificacións profesionais ofertadas son as seguintes:
•Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 325 prazas.
•Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 225 prazas.
•Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 150 prazas.
•Socorrismo en instalacións acuáticas: 150 prazas.
•Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural: 150 prazas.
•Vixiancia e seguridade privada : 162 prazas.
•Servizos para o control de pragas: 47 prazas.

Nesta cualificación de Servizos para o control de pragas non se admiten novas solicitudes e só poden presentarse os que quedaron na lista de espera da anterior convocatoria.

O prazo de inscrición é dende o día 15 de xaneiro ata o día 11 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

Para poder presentarse deberán posuír os seguintes requisitos:
•Ter experiencia laboral de alomenos 3 anos nos últimos 10 anos.
•Ou ter cursos de formación relacionados coa cualificación á que se queira presentar de 300 horas realizados nos últimos 10 anos.

Máis información en "Ler máis".

Mar, 12/01/2021
PEL SOCORRISMO ACUATICO_DEPUTACION PROVINCIAL

O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, impartirá os seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático:

AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica)
AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica).

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

A programación é conxunta e indivisible, polo que non se pode seleccionar a participación na formación nun só dos certificados, ao existir módulos e unidades de competencia convalidables entre un certificado e outro, polo que o compromiso é de participar no programa completo para obter a dobre titulación que permita aumentar as oportunidades de manterse no mercado laboral todo o ano en non só nas tempadas de verán.

Requisitos das persoas candidatas:
▪ Estar inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda e coa tarxeta de demandante de emprego vixente á data do prazo de inscrición.
▪ Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.
▪ Estar empadroado/a en algún dos concellos da provincia da Coruña, preferentemente con poboación inferior a 50.000 habitantes.

O prazo de inscrición será ata o próximo VENRES  5 DE FEBREIRO ás 14:00 horas. Só se admitirán as 6 inscricións enviadas POR MAIL por cada concello antes das 14 horas dese día e que conten coa documentación imprescindible (formulario de inscrición e informe médico).

Máis información en "Ler máis".

Xov, 14/05/2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, dentro das medidas deseñadas no plan de reactivación económica, pon en marcha o programa formativo  “Autónomos dixitais” para formar a uns 1.200 traballadores por conta propia. As accións formativas están centradas na mellora de habilidades de xestión loxística, en marketing, en venta por internet e en creación de tendas virtuais.

Son cursos “online”, de carácter gratuíto, de 50 horas lectivas cada un. Iniciaranse o día 21 de maio e o último comezará o 23 de xullo.

Os/as interesados/as poden solicitar a súa praza ata o próximo 22 de xullo a través da páxina https://www.autonomosdixitais.com

Máis información en http://oficinadoautonomo.gal/es/formacion

Lun, 02/03/2020

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia publicou a convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación no DOG núm. 38 do 26.02.2020. 

O obxectivo desta convocatoria é facilitar aos traballadores e ás traballadoras que non teñan os requisitos académicos da ESO ou bacharelato, o acceso á formación para o emprego e poder cursar os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 e, polo tanto, incrementar as posibilidades de obter un posto de traballo.

En concreto, convócanse para lingua galega e castelá, inglés e matemáticas.

Os/as interesados/as en participar poderán presentar a súa solicitude, segundo o modelo do anexo I da dita convocatoria, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións, ata o 20 de marzo de 2020.

As probas realizaranse o 16 de maio do 2020, en turno de mañá para el nivel 2 e pola tarde para el nivel 3. 

Máis información chamando ao concello ao 981687001 ou accedendo á convocatoria neste enlace "Probas de competencias clave".

Xov, 30/01/2020

A Consellería de Cultura e Turismo publicou no DOG núm. 19, do 29.01.2020, a Resolución do 17 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 na modalidade presencial e de teleformación.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 19 de febreiro de 2020.

Por outro lado, informámolos/as de que o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes realizará un curso preparatorio do celga 4. O curso terá unha duración  de 40 horas e será do 2 de marzo ao 27 de abril de 2020, en dúas sesións de mañá á semana, luns e xoves de 10:00 a 12:30 horas. O prazo para inscribirse remata o 21 de febreiro de 2020.

Para máis información en "Ler máis" ou chamar ao concello ao 981 687 001.

Mér, 04/12/2019



O Concello de Mesía informa de que Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop, dentro do Programa de actuación 2020 da Rede Eusumo impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego de Xunta de Galicia, convoca o Programa "Creando Mellora" .


Trátase dun programa formativo (teórico-práctico) no que poderán participar persoas desempregadas menores de 35 anos, tituladas e formadas na área empresarial para incorporarse nalgunha das cooperativas beneficiarias seleccionadas, realizando prácticas seguindo un plan de traballo establecido e co fin de elaborar un proxecto de plan de mellora na empresa, durante 6 meses e 25 horas semanais. A estadía da persoa bolseira na entidade será dende o 1 de febreiro ata o 31 de xullo de 2020. Cada persoa bolseira recibirá unha retribución bruta mensual de 675 euros.

O prazo para inscribirse remata o 16 de decembro do 2019. As persoas interesadas en candidatar como bolseiras deberán cubrir inscribirse no seguinte enlace "Formulario de Inscrición" e enviar o seu currículo á Unión de Cooperativas EspazoCoop a roberto@espazo.coop indicando á localidade á que optan.

Máis información en "Ler máis" ou chamando ao concello ao 981687001.

Xov, 28/11/2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicou, no DOG número 226 do 27 de novembro de 2019, a convocatoria pública para o ano 2020 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80% polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
 

O prazo de inscrición rematará o 27 de decembro de 2019.
 

Para máis información pulse en "Ler máis..." e/ou chame ao concello ao teléfono 981 687 001 en horario de 8.00 a 15.00 horas.

Mér, 02/10/2019

O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de emprego Brañas do Ulló-Río Samo II. Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes en el colaboramos os Concellos de Frades e Mesía. O dito obradorio será subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Será un obradoiro dual pois combinará un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses cun contrato en prácticas, de cómo mínimo tres meses máis.

As especialidades que se impartirán son:
Tarefas de repoboación forestal e tratamentos silvícolas
Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.


Os destinatarios serán persoas maiores de 18 anos desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego.

Todas aquelas persoas interesadas en participar deben ir, o máis axiña posible, á Oficina de Emprego de Ordes e comunicar que están interesados en participar no dito obradoiro de emprego.

Este aviso é tanto para alumnado como para persoal directivo, docente e de apoio.

Máis información en “Ler máis…”

Xov, 19/09/2019

 

O proxecto ECORAXIA LAB formará gratuitamente a desempregados/as dos Concellos de Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Oza-Cesuras, Betanzos, Abegondo, Arzúa e Melide e as súas correspondentes áreas de influencia que queiran emprender en agricultura ecolóxica. Nesta primeira edición, o ECORAXIA LAB centraráse nos productos hortofrutícolas dende a perspectiva da producción ecolóxica.

 

O curso está dirixido a mozos/as desempregados/as de menos de 35 anos e maiores de 45 ou parados de longa duración, inscritos/as como demandantes de emprego coa tarxeta ao día no momento do inicio do curso que desexen emprender unha actividade económica nos concellos mencionados ou da contorna ou estén interesados/as no mundo da agricultura ecolóxica.

 As persoas interesadas no proxecto poden inscribirse gratuitamente chamando ao teléfono 674 731 474 de 09:00 a 14:00 horas ou remitindo un email a administrativo@raxiaformacion.es indicando no encabezado a "Inscripción no EcoRaxia Lab". O proxecto contempla tamén o pago dos custes de desprazamento ata a formación cada un dos días de asistencia.


Data prevista de inicio o 25.09.2019.

Lugar: Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar.


Máis información en "Ler máis" ou chamando ao concello.

Páxinas