A Deputación Provincial da Coruña no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local impartirá a seguinte acción formativa do Itinerario de Actividade Física e Deportiva que inclúe o acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3: AFDP0211 COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS (RD 1076/2012, DE 13 DE XULLO).
O dito curso capacitará a xuventude para o desenvolvemento de tarefas e responsabilidades de coordinación de equipos de socorristas para os areais principais, as praias fluviais e outros espazos onde se desenvolvan actividades acuáticas, ao tempo que complementan as súas responsabilidades e tarefas co persoal dos servizos de emerxencias e prevención das agrupacións municipais de protección civil.
DURACIÓN CURSO: 540 horas de teoría e 120 horas de prácticas non laborais en empresa.
PERSOAS BENEFICIARIAS: A acción formativa vai dirixida a todas aquelas persoas mozas menores de 30 anos e desempregadas incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove, e que ademais cumpran os seguintes requisitos:
- Ter cumpridos 16 anos de idade.
- Estar empadroado nalgún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña.
- Cumprir os requisitos de formación adscritos ao dito certificado de profesionalidade, en concreto: Estar en posesión do título de bacharelato para o acceso a formación de nivel 3, ou Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 3, ou Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional, ou Cumprir o requisito académico de acceso a ciclos formativos de grao superior ou ter superadas as probas de acceso reguladas polas administracións educativas, ou Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos, ou Ter os coñecementos formativos e/ou profesionais suficientes que permitan participar con aproveitamento nesta formación.
N.º DE BENEFICIARIOS: 15 PRAZAS.
PRAZO INSCRICIÓN: ata o 14 de novembro de 2018 ás 14 horas.
Máis información en “Ler máis…” ou chamando ao concello ao 981687001.