Formación

Mér, 27/12/2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicou, no DOG número 244 do 27 de decembro de 2017, a Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2018 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, cofinanciado nun 80% polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Para máis información pulse en "Ler máis..." e/ou chame ao concello ao teléfono 981 687 001 en horario de 8.00 a 15.00 horas.

 

Ven, 10/11/2017

O Concello de Mesía organiza un curso preparatorio para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO) dirixido a todas as persoas adultas maiores de 18 anos e que comezará a impartirse no mes de xaneiro de 2018.

As persoas interesadas poderán inscribirse no Concello ata o 8 de xaneiro de 2018.

Para máis información chamar ao concello ao 981 687 001 (preguntar por Pilar ou María José).

Mar, 26/09/2017

A Oficina de Fomento ao Cooperativismo da Mancomunidade de Ordes, á que pertence o Concello de Mesía, pon en coñecemento a próxima posta en marcha dos cursos en liña de Emprendemento cooperativo e Xestión de cooperativas.

Para ver o detalle do curso pulsa en LER MÁIS.

Mar, 26/09/2017

A Deputación da Coruña puxo a disposición das entidades sen ánimo de lucro da provincia unha aplicación informática de contabilidade e que actualmente incorpora un xestor documental e unha aplicación de facturación.

Para ver o detalle do curso pulsa en LER MÁIS.

Páxinas