Obxecto:
O obxecto da presente convocatoria é a CONTRATACIÓN en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal por obra ou servizo determinado, de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, DUN/DUNHA SOCORRISTA para o Concello de Mesía. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.280,54 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. O contrato ten una duración dende o día 20 de xuño ao 1 de setembro de 2019, ambos os dous incluídos. PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES ATA O 17.06.2019.
Documentación:

Documentación Complementaria:


